Campo Galego

Campo Galego é un medio dixital que se centra en informar sobre a actualidade dos sectores agrogandeiros en Galicia. O xornal, lanzado o 11 de febreiro de 2015, ofrece información de servizo para os profesionais do agro e presenta experiencias de éxito no rural.

O medio contribúe a dar visibilidade ás iniciativas de empresas, cooperativas e profesionais dos sectores gandeiros, agrícolas e forestais de Galicia. A aparición de Campo Galego no 2015 contribuíu ademais a reactivar a axenda agro no ámbito mediático.

O medio está dirixido polos xornalistas Gonzalo Brocos e David González.

Innova

Innova é unha plataforma de innovación agraria desenvolvida por Campo Galego. A través da cal, queremos facilitar a transferencia ao sector agrícola do coñecemento xerado en Galicia por universidades, empresas, centros de investigación e outras entidades relacionadas. Ademais, tamén nos enfocaremos en destacar as iniciativas innovadoras que están levando a cabo os profesionais do agro e do sector forestal.

Innova

Innova é un portal de innovación agraria desenvolvido por Campo Galego. O seu obxectivo é facilitar a transferencia ó sector do coñecemento xerado en Galicia por universidades, empresas, centros de investigación e outras entidades. Tamén amosa iniciativas innovadoras que están levando a cabo os profesionais do agro e do sector forestal.